O Partido Popular de Cangas critica co goberno tripartito xa comece a copiar as malas
costumes do anterior mandato incumprindo os acordos e compromisos alcanzados en
pleno. Dende a formación recordan que no último pleno da corporación foi aprobada a súa moción para recuperar o programa de Deporte Escolar neste mesmo curso, que deixou de funcionar durante a crise pandémica sen que se volvera a poñer en marcha unha vez superada a mesma.
Á proposta popular engadiuse unha engádega a proposta de AV e que foi aceptada na que se instaba ao goberno local convocar de forma urxente o Consello Municipal de Deporte como foro máis idóneo onde abordar este asunto.
Durante as intervencións a concelleira de Deportes, Sagrario Martínez, expresou a súa disposición a convocalo “en unha semana ou quince días, pero a realidade é que aínda non foi comunicada ningunha convocatoria, polo que nos tememos que este acordo plenario, como moitos, quedará a durmir nun caixón” denuncian. “Pouco podemos esperar da xesti&ón dunha concelleira que non sabe facer outra cousa que acurdir a entrega de premios e eventos depor&vos para sair na foto” lamentan.
“Está moi ben reclamar acordos e falar de diálogo pero moito mellor é cumprir os compromisos alcanzados” sinalan dende o grupo maioritario da corporación. “Difícil é acordar e confiar con quen non ten palabra” engaden. “Se nin respetan os acordos que eles mesmos aproban” continúan. “Todo por non dar a cara ante o deporte da nosa vila” rematan.