Basura en una de las puertas traseras del Concello.

Acusa á Mancomunidade de volver a enganar á veciñanza vendendo rebaixas mentres “agochan” novos incrementos para compensalas.

Despois das notas de prensa da reunión de onte dos tres alcaldes da Mancomunidade do Morrazo con algúns colectivos afectados polo sablazo da taxa de recollida do lixo, queremos transmitir a nosa incredulidade, ante a falta de respecto dos responsables políticos da Mancomunidade, coa veciñanza de Bueu, Cangas e Moaña.

As veciñas e veciños, autónomos e empresarios xuntaron máis de seis mil sinaturas solicitando a retirada da proposta de ordenanza fiscal, por subas excesivas e abusivas. A resposta a isto foi a aprobación inicial, co maior escurantismo posible, intentando esconder a subas desorbitadas que se lle quere aplicar as distintas actividades económicas da comarca, intentando disfrazalo con supostas axudas sociais.

Agora, lle propoñen unha modificación de tramos en certas actividades económicas, pero sen contemplar ningún importe económico, como si tivesen algo que ocultar. O que parece, é que os responsables da Mancomunidade queren recadar o mesmo importe total que está contemplada na ordenanza fiscal aprobada inicialmente, e para manter o total, o que nos tememos é que baixen os importes dunhas actividades e suban os de outras, por iso agochan os importes dos tramos.

En relación as bonificacións fiscais, non entendemos se para a aprobación inicial eran tan boas, agora decidan facer uns retoques. O certo é que a ordenanza en vigor recolle mellores bonificacións sociais en comparación coa que queren aprobar. En vigor desde o 2020, colle como referencia o salario mínimo interprofesional (16.576,00 €) e coa nova ordenanza elixen o IPREM (8.400,00 €) como valor de referencia. Polo que, persoas que agora poden acollerse a bonificacións por recibir rendas inferiores a 16500 euros, vanse ver excluídas de esas axudas por cobrar mais de 8.400 euros ou de 12.600,00 cando se aplique o 1,5 ao IPREM.

Entendemos que a proposta realizada recentemente polo goberno da Mancomunidade, non deixa de ser unha estafa coa intención de que a veciñanza crea que se está aceptando a súas demandas de baixar a taxa a uns importes razoables. Pero so intentan gañar tempo para ter tranquilo o pobo e que non se volvan a revelar contra este sablazo. Fronte a estes feitos so cabe unha solución: Anular a aprobación inicial, e comezar a elaboración de unha nova ordenanza dende a negociación e o consenso, entre os distintos grupos políticos e os colectivos veciñais e empresariais.

Dende o Partido Popular de Cangas, queremos transmitir que a nosa sede na rúa Mendez Nuñez nº 18 permanecerá aberta de luns a xoves de 18.00 a 20:00, coa intención de axudar, aconsellar e facilitar a elaboración de alegacións a toda a veciñanza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *