Se recuperará o tren navideño, as carpas da Alameda e do Parque Eguren e as estacións decorativas en distintos puntos da vila, que acompañarán ao alumeado, en pleno proceso de licitación
Este Nadal, Marín recuperará a ilusión, a maxia e as actividades. Así o adiantou
esta mañá o Goberno local, que se atopa inmerso na organización destas datas e
de toda a oferta lúdica, cultural e de tradición que se programará de cara á última
gran festividade do ano.
Está previsto que volvan colocarse dúas carpas de entretemento, unha na
Alameda e outra no Parque Eguren. A primeira estará destinada sobre todo aos
máis pequenos da casa, ata aproximadamente os 12 anos, mentras que a do
Eguren buscará ofrecer ocio e divertimento á mocidade a partir desa idade en
adiante, para que poidan ter un punto de encontro e de diversión durante as
vacacións na súa vila.
Tamén volverá percorrer as rúas do centro urbano o tren navideño, un clásico do
Nadal en Marín que é moi utilizado pola veciñanza en xeral pero sobre todo polos
centros educativos, antes de que rematen as clases.
Por suposto, tal e como explicou a concelleira de Festas, Marián Sanmartín, “en
todo momento manteremos as medidas sanitarias que estean vixentes para
entón sobre aforos, uso de mascarillas… ou as cuestións que sexan pertinentes”.
No que respecta á ornamentación da vila para crear ese ambiente festivo, volverá
optarse por un formato híbrido no que destaque tanto o alumeado como distintos elementos decorativos en forma de estacións que se colocarán en distintos puntos do centro urbano.
O alumeado, cun orzamento de licitación de 72.600 euros, atópase en proceso de
presentación de ofertas, que rematará a próxima semana, para despois poder
adxudicalo. No que respecta aos decorados, igual ca o ano pasado, instalaranse
distintos motivos navideños, como unhas figuras dos camelos reais, unha
recreación dunha vila de Nadal ou o Portal de Belén, entre outros.
Ademais, tal e como se avanzou a pasada semana, tamén se instalará na Alameda
a feira de artesanía.