Interior do Museo Torres de Marín.

Este distintivo avala o bo facer a nivel turístico destas instalacións municipais, mellorando a experiencia das persoas usuarias

O Museo Municipal Manuel Torres, a Praza de Abastos e o Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor son os tres espazos municipais que veñen de acadar o selo SICTED Rías Baixas (Sistema Integral de Calidade Turística).

Este distintivo, outorgado polo servizo provincial de turismo da Deputación de Pontevedra, que está adherido á Sercretaría de Estado de Turismo, engloba tanto a servicios ofrecidos por empresas como a operadores turísticos, tanto privados como públicos, que contribúen a unha mellor experiencia turística no destino.

Para acadar a distinción, pasáronse unha serie de auditorías previas en cada unha das instalacións, comprobando a súa xestión turística, os servizos que ofrecen, a atención, os horarios, a calidade… Trátase dun avance máis dentro da profesionalización e mellora que se quere impulsar desde Marín para seguir traballando na nosa terra como un destino de turismo de calidade, sostible e desestacionalizado, centrado na cultura, na natureza, na arte e na gastronomía.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *