A comarca do Morrazo suma hoxe 554 casos activos de Covid-19, 87 máis que na xornada de onte. Moaña é o municipio no que máis creceron os contaxios, con 15 máis que nas últimas 24 horas. Marín conta hoxe 3 máis e sitúase en 149, Cangas ten 113 fronte aos 101 de onte, Bueu conta 107 (8 máis) e Vilaboa 26, tamén tres máis que onte.