Foto de familia tras a recollida de Bandeiras en Arteixo.

Da comarca do Morrazo non asistiu ninguén de Cangas ainda que estiveron presentes a alcaldesa de Marín, o edil de Medio Ambiente de Moaña Odilo Barreiro e a de Turismo de Bueu Silvia Carballo

O municipio coruñés de Arteixo foi o lugar elixido este ano para a entrega das Bandeiras Azuis que a Adeac concede cada ano ás praias e carreiros galegos. Un acto no que estiveron presentes representantes dos concellos de Moaña, co edil de Medio Ambiente, Odilo Barreiro; de Marín, coa alcaldesa María Ramallo; e de Bueu coa concelleira de Turismo, Silvia Carballo. Con todo, non asistiu ninguén en representación do concello de Cangas, que este ano suma un distintivo máis coa recuperación da Bandeira na praia de Rodeira. Aínda que non é algo excepcional posto que tampouco o fixo o ano pasado.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resaltou que conseguir e manter estes galardóns é un traballo conxunto “entre as administracións” e subliñou “a importancia” que teñen estes distintivos como reclamo turístico. “Nun mundo cada vez máis globalizado, onde a xente busca máis información á hora de elixir unha praia ou onde pasar as vacacións é moi importante contar con indicios fiables como son as bandeiras azuis”, indicou Rueda, quen lembrou que conseguir esta distinción supón “un esforzo importante” para cumprir “cos criterios rigorosos” do proceso, pero “merece a pena”.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí