Os mundos dos videoxogos e da cultura urbana fusionaranse o 6 de novembro na Alameda, cunha batalla de galos na que participarán os 32 mellores freestylers de Galicia
O Marín Gaming Fest terá continuación na Alameda de Marín coa celebración
dunha nova edición do Best Hit Battles, un evento de batallas de freestyle que
fará vibrar coa mellor improvisación urbana á vila o 6 de novembro, a partir da
19.00 horas.
Os concelleiros Hugo González e Antonio Caíña presentaron este evento xunto
con Bastián Hermo Buceta, de BhB Galicia, o colectivo organizador, que se
enmarcará na celebración do Marín Gaming Fest, afianzando unha fin de semana
adicada á poboación moza apaixoada da cultura gamer e urbana.
Segundo explicou Hermo, haberá 32 participantes freestylers que “loitarán” na
pelea de galos, “e que son do top de Galicia, destacando incluso algún nome,
como o de Le33, que compite en probas tan importantes como as de RedBull”.
Acrox, Hugo, Gabri, Anxo, Jota, Simm, Nantes, R3, Le33, Sozat, Junay, Take, Markest, Berros, Adriano, Azek, Alanbur, Ruvix, Russo, Charly, Galez, Calles, Souk, Tripo, Marck, Frn, Hastro, Pumares, Ykiam, Thork, Perry e Galio completan o cartaz de freestylers.
No evento, o DJ Affair porá a música e os xuíces serán Basti, Hero, Polo, Yosua e
Drevil. O speaker será Claudio e D. Campos e Ihria encargaranse da cámara e das
fotos.
No caso de que chova, o evento trasladarase a algún sitio cuberto.