A concelleira coa organización na presentación das actividades.

Os próximos 24, 25 e 26 de agosto a nosa vila, tanto no seu casco urbano como na parroquia de Seixo, convertiranse na capital galega do audiovisual grazas ao John Balan Fest, un festival de cinema que celebra a súa primeira edición.

A concelleira Itziar Álvarez e o organizador do evento, Daniel Antelo, presentaron a programación do festival, “no que quixemos abordar todos os formatos a través de catro seccións: novos medios, cinema xove, filmes atlánticos e outras miradas”, explica o profesional, que tamén quixo ter unhas palabras para o artista marinense que lle dá nome ao evento.

“John Balan é unha figura á que lle queríamos facer un recoñecemento, sobre todo porque era moi querido dentro do mundo audiovisual galego”, argumenta Antelo.

As proxeccións arrancarán o xoves pola mañá no Museo Municipal Manuel Torres, onde o acceso será libre, con Plataforma Flixxo (11.00h), Joël Bassaget (12.00h), Belén Puime (13.00h) e Savia Nova (13.30h). Continuarán na sesión de tarde no Hotel Villa de Marín, con entrada libre con consumición, con Black Sunday (20.00h), A Arte de Ser Mal Pai (20.30h), Pringadas (21.30h), Historias Vageniales (22.00h) e Casa de Má (22.30h). O venres, a Casa de Cultura de Seixo acollerá as charlas do festival, que serán de entrada libre, arrancando ás 10.30 horas con “Marín de Cinema” e seguindo con “Unha de vaqueiros” ás 11.00 horas.

En canto ás proxeccións, arrancarán ás 11.45 horas no Cine Seixo coa sección Outras Miradas, que incluirá unha curta e a longametraxe peruana Viaje, dirixida por José Fernández del Río. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, será a quenda da sección Filmes Atlánticas, con dúas curtas e a película galega O Home e o Can, dirixida por Ángel de la Cruz. “O máis interesante será que contaremos coa presenza tanto dos dous actores protagonistas, Manuel Maquiña e Paula Chaves”. Ademais, entre medias, ás 18.00 horas, celebrarse un encontro de Cinema Xove. De feito, Manquiña será nomeado o primeiro Sombreiro Dourado, un recoñecemento a toda a súa traxectoria, que se lle dará na entrega de premios o sábado ás 12.00 horas na Casa de Cultura de Seixo. 48 candidaturas para a sección oficial que poden optar a un Sombreiro de Prata.

Tal e como explicou nun comunicado o organizador do festival, a sección oficial congregou máis de 160 pezas das que o xurado do festival elixiu a 48. Este xurado estivo conformado pola actriz Mayka Braña, o xornalista Carlos Prado, a poeta Iria Dopazo e o director da Escola Lumiére de Córdoba (Arxentina), Marco Haidar.

Os premios serán a Mellor Longametraxe, Mellor Curtametraxe, Mellor Serie Web, Mellor Realización, Mellor Actuación, Premio Talento Emerxente, Premio do Público e Premio Especial John Balan á traxectoria das artes escénicas e cinematográficas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *