O xurado do I Concurso de Decoración de Nadal, composto polas concelleiras Cristina Acuña, Raquel Soage, Itziar Álvarez e as dúas veciñas de Marín, Rosa María Fariña e Cristina Barreiro, reuníronse para dirimir o seu ditame sobre os premios que se outorgarán a cada unha das categorías que concurrían ao concurso.
Tras visitar de forma presencial aos finalistas de cada categoría, o xurado deliberou e asegurou que o nivel acadado no concurso en todas as categorías foi “moi alto, o que denotou que a veciñanza e os comerciantes de Marín quixeron mostrar o seu apego a este Nadal tan estraño e diferente”. A unanimidade do xurado na súa decisión tamén denota o agradecemento a todos os participantes, que en total foron 104.
Ademais, tamén se levou a cabo o sorteo entre todos os participantes de cada categoría.
Premiados
Comercio e/ou negocio
1o premio: Carmencitas Moda Infantil – 300 euros
2o premio: María José Estilistas – 200 euros
Sorteo entre os participantes: Mariam (MoAntonia Magariños) – 100 euros
Hostalaría
1o premio: Los 3 Monos – 300 euros
2o premio: Os Cregos – 200 euros
Sorteo entre os participantes: Vinoteca Agustín – 100 euros
Comunidade de veciños
1o premio: C.V. Vergel 1 – 300 euros
2o premio: C.V. Virgen del Puerto – 200 euros
3o premio: C.V. Hermanos Pintos – 100 euros
Sorteo entre os participantes: C.V. Augusto Miranda 1 – 100 euros
Ventá e/ou balcón
1o premio: Carmen Blanco Aguete – 300 euros
2o premio: Mercedes Fernández Barreiro – 200 euros3o premio: Elisabeth Iglesias Gil – 100 euros
Sorteo entre os participantes: Dolores Santo Vidal – 100 euros
Vivenda unifamiliar
1o premio: Josefa Soage Santiago – 300 euros
2o premio: Sonia Pazos García – 200 euros
3o premio: Manuel Montenegro Iglesias – 100 euros
Sorteo entre os participantes: Ana María Cruz de Pazo – 100 euros
O Concello contactará cos distintos premiados para darlles as pautas para a recollida do seu agasallo.