Permitirá aforrar cerca de medio millón de euros ao ano que se ían nas cotas dos propios préstamos e deixa a débeda municipal en apenas un 6% con respecto ao Orzamento
O Goberno Local levará ao Pleno da Corporación, que se celebrará mañá ás 20.00 horas no Concello, a aprobación dunha modifi cación do Orzamento para poder utilizar parte do Remanente de Tesourería, que ascende a 3,5 millóns de euros, a amortizar préstamos en vigor.
En total, destinaranse case 2,9 millóns de euros a este fi n, o que permitirá, en palabras do concelleiro de Facenda, Manuel Santos, “que ao longo do ano que vén poidamos dispoñer de aproximadamente medio millóns de euros, xa que non teremos que asumir os correspondentes intereses e as cotas de amortizacións que ían implícitas a estes préstamos”. Así, esta contía poderá utilizarse para pagar “gasto corrente, por exemplo”.
Con esta operación, o Concello baixará considerablemente a súa débeda, que será “dun 6% con respecto ao total do Orzamento municipal, que é unha porcentaxe moi baixa para un concello do noso tamaño”, asegura o edil.
Santos explica tamén que realizar esta modifi cación do Orzamento “é obrigatorio realizala para dar cumprimento ao decreto estatal, que obriga a destinar o superávit conseguido no exercicio anterior para amortizar préstamos cando existe débeda fi nanceira”.