Os concelleiros Coral Ríos, Juan Parcero y Marta Freire, xunto coa organización.

Un ano máis o ​Festival de Jazz de Moaña​ convirtese nunha das citas de referencia para os amantes desta música. Nesta ​IV edición,​ cun cartel máis galego que nunca, que encherá de jazz o ​Arboredo da Xunqueira​ durante os días ​14 e 15 de Agosto​ cumplindo con todas as normativas anti-covid.

A delegada de turismo Coral Ríos, o delegado de ensino e deportes Juan Parcero e a tenente alcaldesa Marta Freire, xunto á Asociación de Jazz de Moaña, presentaron esta mañá, nos xardíns do concello, o cartel do Festival de Jazz de Moaña.

O equipo de goberno e os representantes da Asociación de Jazz de Moaña subliñaron que “O Festival de Jazz de Moaña xa é un dos eventos imprescindibles do programa ​“Días de Mar”​ e apuntan tamén que “nesta edición garantiranse as medidas de seguridade necesarias para o correcto desenvolvemento seguindo todas as normativas vixentes”. O aforo será ​limitado a 300 persoas​ e as entradas serán gratuítas e estarán dispoñibles online, na plataforma ​www.reservas.gal​, e na oficina de turismo, apartir da próxima seman.

Pola súa parte a Asociación de Jazz de Moaña, encargados da produción das actividades din estar “moi contentos, orgullosos, e agradecidos desta nova edición, cun cartel galego de un altísimo nivel” Esta IV edición do Festival de Jazz de Moaña comezará o día ​14 de Agosto ás 22:00h ​con ​Sumrrá​, un dos grupos galegos de jazz de referencia tanto no noso país como no extranxeiro. Un proxecto con casi 20 anos de traxectoria que non deixa a ninguén indiferente. Formado por ​Manuel Gutierrez no piano, ​Xacobe Martínez​ no contrabaixo e ​L.A.R. Legido​ na batería. Seguidamente, sobre ás 23:30​, comezará a ​jam sesion​ a cargo de ​Antón Iglesias Trío

O sábado ​15 de Agosto​ abrirán o festival ​Wilfried Wilde Quintet, ​tamén ás​ 22.00h​, un proxecto do guitarrista francés afincado en Bueu ​Wilfried Wilde​, que presenta o seu primeiro traballo xunto a Charley Rose​ no saxo, ​Xan Campos​ no piano, ​Demian Cabaud​ o contrabaixo e ​Iago Fernández​ na batería. Seguidamente terá lugar a jam sesion que nesta ocasión dirixirá o guitarrista ​Nacho Pérez xunto co seu trío.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí