Hoxe arranca a programación cos Cantos de Taberna e seguirá a fin de semana co Desfile Infantil, para o que se augura bo tempo, e o de Adultos, que polo momento mantense
A programación do Entroido de Marín, que arranca hoxe cos Cantos de Taberna, mira con atención e con esperanza ao ceo. Así o adianta o Concello de Marín, que de momento non fai ningun cambio na súa programación.
Como dicíamos, hoxe os Cantos de Taberna dos Saljateir@s, Sons do Peto e Decotío animarán os locais de hostalaría no entorno do Concello e a Alameda a partir das 20.00h. E a fin de semana dará paso aos desfiles.
O infantil será o sábado, 14 de febreiro, ás 16.30 horas. Polo momento, están anotadas as comparsas As Marín-quiñas de Papel, O Corral da Inmaculada, Mel «A Inmaculada», Os Naseiros de Marín, A Pesca da Inmaculada, Furancho «Inmaculada», Coloriña SEI, Cen Anos Brillando SEI, Aventureiros do Tempo SEI e Pandilla do Recordo SEI.
O percorrido será o habitual: Rúa Real, Praza do Reloxo, Rúa do Sol e Concepción Arenal, rematando no Parque Eguren, onde haberá a gran festa infantil. No caso de chuvia, non sairá o desfile e farase directamente a festa no pavillón do IES Illa de Tambo. Haberá catro premios individuais, catro de parellas, cinco de grupos e tres de comparsas, sumando unha contía total de 1.860 euros.
O domingo 15 de febreiro, se o tempo o permite (senón aprazarase), será a quenda do desfile de adultos, que arrancará ás 17.00 horas, con convocatoria media hora antes, e sairá da Praza do Regueiro para percorrer toda a Avenida de Ourense, a Praza de España, Almuíña, Jaime Janer e Concepción Arenal, rematando no Parque Eguren.
Ata o momento, están inscritas as comparsas Os Paparrulos, A Pandilla, Alegría de Bora, Las Flores del Carnaval, Os Retrincos, Miúdos, As Sonecas, Os 100 Tolos, Os Solfamidas, Os Canecos, Amigos dos Rapaces e Os da Caña. Como grupos, participarán Moreira a Tope, Tinta Femia, Galo Bruxo Samieira, Os Laretas, As Toxiñas, Os do Pinsel, Os Furafollas e Marepodium.
Repartiranse tres premios individuais, tres de parellas, dez de grupos e oito de comparsas. As comparsas poderán acceder a unha axuda de 100 euros se non gañan ningún premio, unha contía que é de 75 euros no caso dos grupos. O importe total a repartir será de 11.375 euros.
Contías fixas para as comparsas
Aos cartos dos premios súmanse as retribucións fixas das comparsas. As de 20 participantes ou máis, reciben 225 euros por participar no desfile infantil e 100 euros polo de adultos. No caso das que son entre 14 e 19 participantes, as contías son de 150 euros polo desfile infantil e 50 polo de adultos.
En total, abónanse 6.500 euros e non poderán participar máis das primeiras 20 comparsas inscritas. Nas bases pódense consultar cales son os requisitos para acollerse a estas contías fixas.
PROGRAMACIÓN PARA O RESTO DA SEMANA:
Luns, 16 de febreiro
Velorio do Enterro da Sardiña no Concello. Organiza: Ateneo Santa Cecilia e Concello de Marín.
12:00h. Festa do Merengue na Lameiriña, acompañados por Pousos da Area. Organiza: Amigos dos Rapaces e Concello de Marín.
17:00h. Festa infantil coa animación de Dolcevita na Lameiriña. Organiza: Amigos dos Rapaces e Concello de Marín (Sorteo ás 19:00h).
17:00-21:00h. Tarde de Ludoxornadas. Museo
Martes, 17 de febreiro
16:00h. 2o Torneo de Chave Enterro da Sardiña. Organiza: A.C.D Gharaboto.
Campos de Petanca municipais da Bda. Virxe do Carme.
17:00-21:00h. Tarde de Ludoxornadas. Museo.
17:30-19:30h. Obradoiros e xogos infantís de Entroido. Alameda. Ás 18:30h chocolatada de balde. Organiza: Concello de Marín
20:00h. Entrega de Premios do Concurso de Orellas e Filloas. Ateneo (recepción ás 18:00h). Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Mércores, 18 de febreiro
18.00h. Velorio do Enterro da Sardiña, con reparto de viño e pan de millo. Alameda.
20.00h. Enterro da Sardiña. Saída da Alameda, Jaime Janer, Busto de Abaixo, Dr. Touriño, Sol ata á Praza do Reloxo, onde terá lugar o pregón. Ao rematar saída por Real, Almuíña, praza de España e despedida ao mar.
Sábado, 21 de febreiro
16.30h. Animación da Charanga Noroeste. Seixo.
17.00h. Desfile de Entroido de Seixo, dende San Blas ata a Alameda de Seixo coa homenaxe á Burra Chirica, lambonadas para a rapazada, rematando con sesión de música-baile. Organiza: Grupo Cultural Ronsel e Concello de Marín.
Venres, 27 de febreiro
17:00-20:00h. Entroido Solidario (Día Mundial das Enfermidades Raras). Multiusos.
Organiza Asoc. NES (No Estamos Solos).
Domingo, 8 de marzo
17:00h. Desfile Entroido de San Xulián. Organiza: Comparsa Os da Caña.
