Unha delegación de dez personas entre músicos e bailaríns representou a tradición local no prestixioso evento internacional celebrado en Cerdeña
As cores do Entroido de Cobres conquistaron o VIII Festival Identidades, celebrado este mes de agosto en Fonni (Cerdeña), e no que o grupo de Vilaboa foi un dos representantes internacionais dun evento que reuniu tradicións de Entroido de España, Portugal, Rumania, Lituania, Serbia, Hungría, México e India.
Unha delegación integrada por dez persoas do Entroido de Cobres desprazáronse ata Italia: seis bailaríns, tres músicos e Lidia Peleteiro, membro da xunta directiva da Asociación Cultural Cobres. “Músicos e bailaríns decidiron sacrificar o seu tempo de vacacións para acudir a esta aventura”, explicou Lidia Peleteiro, que tamén indicou que sufragaron os gastos de desprazamento do seu peto, ao carecer o colectivo de orzamento suficiente para asumir a expedición cultural que, sen dúbida, foi enriquecedora. A implicación de todas as persoas que formamos parte do Entroido de Cobres é a principal garantía de preservación da nosa tradición». Foi a primeira vez que os de Vilaboa se desprazan a este encontro internacional, tras contactar cos organizadores nunha actividade similar en Viana do Bolo e non dubidan en asegurar que lles encantaría repetir experiencia.
A música e a vistosidade do Entroido de Cobres embelesou tanto ao público italiano como ao resto de agrupacións participantes, que se sumaron aos ritmos de gaitas e pandeiretas. I é que os músicos de Vilaboa puxéronse tamén a disposición do Entroido de Samede, grupo español participante, para proporcionarlle o acompañamento musical durante o desfile.
Estes datos demostran o compromiso real dos participantes coa súa tradición. «A paixón polo Entroido mídese por estes feitos concretos», sinalou o alcalde César Poza, quen valora a participación como «unha boa oportunidade para dar a coñecer as nosas tradicións fóra de Galicia».
O Entroido de Cobres representa unha forma particular de entender o entroido como manifestación cultural local que trascende fronteiras. A tradición de Cobres amosa como as comunidades galegas manteñen vivas as súas raíces ao tempo que as proxectan ao panorama cultural internacional.