A alcaldesa durante unha visita ás obras.

A alcaldesa, María Ramallo, achegouse a realizar unha visita a pé de obra coa empresa para comprobar o estado actual dos traballos

Despois de recuperar medioambientalmente a antiga dársena portuaria e volver poñer a disposición da cidadanía esta antiga praia urbana, agora todo o entorno, que estaba infrautilizado, está transformándose para ganar máis verde, máis espazo de paseo e unha mellor conexión co Alcalde Blanco

A alcaldesa, María Ramallo, achegouse a pé de obra xunto cos responsables da empresa para comprobar o avance dos traballos, onde xa se procederá pronto ao formigonado e ao establecemento duns grandes parterres, cos que se porá moita vexetación na zona, axudando á súa integración co entorno natural.
“Este proxecto, que é unha das nosas apostas fi rmes pola recuperación de toda a zona que conecta a Praza de España co Paseo Alcalde Blanco,”, explicou a alcaldesa, que lembrou que antes de actuar nela, “a lámina de auga presentaba un estado descuidado, coa presenza de neumáticos, fondeos, amarres e restos de obra, como cascotes, ladrillos e bloques de construción. “Agora xa é evidente a limpeza da auga e do fondo”, expresou Ramallo, “e toca seguir coa integración do entorno para que sexa agradable”.

A rexedora lembra, ademais, que tanto a inversión na lámina de auga como desta mellora urbana “supoñen 0 euros de gasto para o Concello, xa que todo está fi nanciado a través do Plan de Sostibilidade Turística, do que conseguimos unha ampliación de 300.000 euros”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *