Desde que foi detido como único acusado, polo momento, de matar a Cándida Soaje, a muller de 72 anos cuxo cadáver foi atopado na súa casa con signos de violencia evidentes o pasado sábado, moito falouse dos antecedentes de Balbino S.E., veciño da vítima.
Entre outras fechorías cónstanlle antecedentes por furtivismo e a proba diso é esta imaxe, realizada polos Gardas Rurais da Confraría de Moaña en colaboración coa Policía Local o pasado 12 de xuño. Aínda que ao ver aos axentes él e o seu compañeiro tiraron o 10 kg de ameixa xapónica que levaban e escaparon, a súa presenza na praia de Tirán quedou patente nas fotos realizadas por estes «gardiáns da costa» que, agora, toman relevancia pola situación na que se atopa Balbino.
Ademais, atoparon apeiros necesarios para a extracción da ameixa.