Cali y el Dandee.

As Festas do Carme foron un gran éxito de convocatoria, cun Marín cheo de día e de noite que respondeu a toda a programación incluida nestes días de dinamización.

Pero aínda que as Festas do Carme xa remataron, continúan as datas importantes do verán, como o concerto de Cali y El Dandee, que finalmente será gratuito e moverá o seu emplazamento á zona da Praza de España na que agora están as atraccións, que mañá comezarán coa súa desinstalación.

Esta novidade vén despois de que a productora e o Concello chegasen a un acordo, habida conta da boa acollida de toda a programación festiva durante estes días e co obxectivo de manter a filosofía da gratuidade total na oferta de ocio que se programou para este mes festivo, cheo de actividades despois de dous anos extraños pola situación pandémica.

O concerto comezará ás 23.00 horas e ademais da colaboración do Concello, conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Xacobeo.

Devolución das entradas vendidas

A productora explica que as persoas que xa adquirisen as entradas recibirán nuns días na conta desde a que fixeron o pago o reembolso íntegro da cantidade abonada.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí