Pistas deportivas que se arreglarán.

O Goberno local está inmerso na renovación e posta en valor de toda a parcela da Praza de España, onde se erixiu o novo Auditorio, foi mellorada a beirarrúa anexa á Escola Naval e estase humanizando o entorno da dársena portuaria recén recuperada para unila definitivamente co Paseo Alcalde Blanco.
Con estas actuacións, estase a ganar espazo de desfrute para a cidadanía en toda unha área que se atopaba desaproveitada e que só se utilizaba para aparcar, sen crear nin aproveitar ningunha das súas potencialidades.

E neste contexto, agora é o turno das pistas deportivas que se atopan xunto ao Auditorio e a marquesina. Estas pistas son enormemente utilizadas pola mocidade de Marín e por ese intenso uso e o paso do tempo, atópanse moi deterioradas e en mal estado.

Por iso, a Xunta de Goberno Local aprobou solicitar á Deputación de Pontevedra, a través do Plan de Infraestruturas Deportivas, a súa renovación, dotando a Marín dunha nova pista que garanta a seguridade dos mozos e mozas e nenos e nenas que as usan, que sexa moderna, con materiais duradeiros e que se integre co entorno.

Está previsto solicitar a axuda á institución provincial de máis de 200.000 euros para esta actuación, coa que o Goberno local volve demostrar o seu compromiso co deporte, a vida activa e a transformación do corazón urbano da cidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *