A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, explicou que nestes últimos días o Concello investiu cerca de 5.000 euros en facer labores de mantemento no sendeiro de Loira, tamén de cara ás festas desta zona, que arrancarán cunha pre-festa este sábado. Leváronse a cabo labores de desbroce, de renovación de pavimento cunha capa de xabre para mellorar o tránsito e de retirada de árbores que estaban caídos sobre o cauce e que coa crecida provocaran o desborde do río, polo que tamén serve como prevención para futuras riadas.