Ontre, a Brigada municipal realizou un pintado provisional na zona de estacionamento do Vial de Praias antes da Praia de Portocelo para evitar o estacionamento de vehículos neste pequeno tramo. Trátase dunha medida provisional mentres non se corrixe a colocación do bordillo que delimita o carril bici do carril de tráfico rodado, que a día de hoxe impide o paso de autobuses.
Desde o Concello de Marín expresan a súa fonda preocupación con esta empresa, cuxa situación mercantil está xerando moitos problemas en todas as obras públicas que está a executar, tanto no noso termo municipal como noutras localidades e administracións. Aos erros de execución, súmanse retrasos nos prazos que están a dificultar moito que as obras avancen dentro do cronograma estipulado no contrato.
Por iso, estanse estudando as posibilidades administrativas existentes para ver como proceder coa execución da obra.

