O concelleiro visitando a aula CeMit.

O Concello, a través da plataforma municipal Marín en Rede, lanza un obradoiro básico de informática dirixido aos comerciantes, hostaleiros e outros profesionais de Marín que queiran mellorar a súas competencias dixitais, tanto no uso de ferramentas tecnolóxicas que lles faciliten o seu traballo como no impulso da súa presenza no ecosistema das redes e dos buscadores web.

Nas últimas semanas, a través do mailing de Marín en Rede pediuse ás persoas seguidoras da plataforma que expresasen nunha enquisa que aspectos a nivel informático lles interesaban máis, coa finalidade de adaptar este obradoiro ás demadas específicas daqueles interesados en participar del.

As sesións formativas serán do 30 de setembro ao 4 de outubro, en horario de 08.30 a 09.30 horas, na Aula CeMit da Biblioteca Pública Vidal Pazos e aqueles comerciantes e profesionais que estean interesadas en apuntarse terán que facelo como máximo ata este venres a través deste link:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdc1ugw8V9iNWZONZTvOsZpATGLBj7
rchUlPwOEPE6kKOcexA/viewform

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *