A concelleira durante a visita ás obras.

As brigadas municipais de Obras e Augas serán as encargadas de realizar esta nova conexión. Realizouse a cata para localizar a tubería

O Concello de Marín está a acometer a conexión da zona de Ardán na que se atopa o CEIP de Ardán á rede de abastecemento de auga municipal, posto que esta zona non dispón deste servizo, apoiándose en pozos e traídas veciñais, como é o caso do centro educativo.

Así, as Brigadas de Obras e de Augas encargaranse de executar este punto de conexión á rede munidicpal, co que dotar deste servizo de xeito inmediato ao CEIP Ardán, que especialmente nos meses do verán sofre puntualmente problemas de abastecemento. Ademais, con esta obra ábrese a posibilidade para executar no futuro unha ampliación das conexións á rede o resto da parroquia.

Onte, a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, achegouse ata o lugar das obras, onde explicou que o centro “conta cunha importante poboación escolar e temos que poder garantir ao máximo o subministro de auga. Así, conectarémolo coa chamada tubería litoral que dá auga ao noso concello e ao de Bueu”.

Hoxe realizouse a cata para localizar a tubaxe. Unha vez rematado ese traballo, solicitouse o material correspondente para poder executar a conexión nas vindeiras semanas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *