Obras de remodelación en Concepción Arenal.

As obras na Rúa da Ponte arrancarán nas próximas semanas cos cambios solicitados desde o Concello e en breve fi nalizarase Concepción Arenal.

A alcaldesa, María Ramallo, fi xo balance do avance das obras que nestes momentos están en execución ou proxectadas na vila e que están a transformar o centro urbano para facelo máis amable e accesible.

Nestes momentos, a obra de humanización de Concepción Arenal está a piques de rematar, pendente de corrixir problemas no asfaltado e que se fi nalicen as xardineiras.

A seguinte actuación que completará toda a mellora deste corredor comercial será a mellora da Rúa da Ponte, un proxecto da Xunta de Galicia ao que o Concello lle solicitou varios cambios despois de contrastar o proxecto cos comerciantes da zona. Está previsto que nas próximas semanas arranquen xa as obras na rúa.
Con respecto á vía paralela, a Avenida de Ourense, a execución está nestes momentos no tramo da Biblioteca, onde está a mellorarse toda esa beirarrúa e tamén se están executando os cruces a nivel de servizos municipais. O seguinte paso será o inicio da creación da rotonda para fi nalmente despois asfaltar por completo a vía e resolver o afundimento nunha das marxes da calzada, tal e como xa se fi xo anteriormente noutro tramo.

Tiro Naval Janer e segunda fase da Rúa do Forte

Por outro lado, o Concello recibiu a concesión por parte da Deputación de Pontevedra da fi nanciación, a través do Plan Extra, da humanización de Tiro Naval Janer, así como a mellora da accesibilidade á Finca de Briz, un proxecto que ascende a máis de 1,3 millóns de euros. Tramitarase o expediente para iniciar a contratación da obra.

Ademais, nos próximos meses arrancará a execución do segundo tramo da mellora da Rúa do Forte, desde o Peñón e ata Mogor, que resolverá todos os problemas de mobilidade nun dos paseos máis utilizados pola veciñanza e porá en valor o sendeiro azul que contamos ao longo de todo o noso litoral.

Posta en valor da antiga dársena portuaria

Neste momento están en execución as obras de posta en valor e mellora medioambiental da antiga dársena portuaria, na que a intervención do seu fondo, a limpieza dos lodos e dos muros xa van mostrando o seu avance.

Agora, seguirase interviñendo na lámina de auga e adxudicarase pronto a mellora urbana do entorno e a súa conexión coa entrada ao Paseo Alcalde Blanco.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *