O Goberno local está a estudar tanto parcelas que se poidan ceder á Xunta para este fi n como os desenvolvementos pendentes do PXOM que mellor se adapten a este obxectivo, como o SUNC da Raña ou o entorno de San Pedro
A dotación de nova vivenda para Marín é unha das cuestións que máis preocupa na actualidade ao Goberno local, tal e como expresou a alcaldesa esta mañá, que adiantou que desde o Concello están activadas varias vías para conseguir chan que permita a dotación de nova vivenda de protección no municipio.
“Solicitámoslle aos servizos técnicos que estuden as parcelas de chan urbano consolidado que teñen licenza directa para que as adquiramos como Concello e poidamos cedelas á Xunta de Galicia, que está a promover edifi cacións para este fi n”, explica Ramallo.
Outra das vías que se está estudando técnicamente é a de propoñer que chans urbanos non consolidados que están pendentes de desenvolverse seguindo as directrices recollidas no PXOM, poidan tamén destinarse á construción de vivenda de protección.
Neste caso a rexedora apunta a dous exemplos, entre outros moitos. “Un deles é o SUNC da Raña, nos arredores do pavillón, que permitiría edifi car ata 44 vivendas e ampliar a rúa de Ezequiel Massoni”. O segundo caso é o da Barriada de Benefi cencia de San Pedro, que xa é de titularidade municipal.
“O noso obxectivo é tratar de impulsar nova vivenda en Marín vendo cales son as opcións máis viables técnicamente para dar pasos tanto a nivel municipal como apoiándonos nas competencias autonómicas”, rematou.
A modifi cación puntual da parcela de Méndez Núñez, outra oportunidade
Por outra banda, Ramallo fi xo referencia á aprobación defi nitiva por parte da Xunta de Galicia: “É unha moi boa oportunidade. Estamos falando dunha parcela privada na que se poden chegar a crear cerca de 59 vivendas”.
“O noso interese por ese desenvolvemento é máximo, porque ademais, no que respecta a espazo urbano, permítenos conectar cun novo vial A Estrada e Fondo do Saco, mellorando a mobilidade e creando 27 novas prazas de estacionamento”, fi nalizou.