A caída dun exemplar onte, que revelou a afectación das súas raíces por un fungo, pon en alerta ao Consistorio, que examinará o resto de exemplares
Na xornada de onte, no entorno da Casa da Cultura de Seixo caeu unha das árbores, sen, afortunadamente, causar ningún dano na súa caída. Así a todo e tal e como explican desde o Concello, “as raíces deste exemplar aparecen afectadas por un fungo, que moito nos tememos que poida estar afectando ao resto de árbores”.
Por iso, ante esta tesitura o Concello presentou un escrito na Estación Fitopatolóxica do Areeiro para encargar un estudo do resto de árbores da zona e detectar posibles infeccións e situacións de risco.
A árbore caída foi retirada no día de onte.