O Concello de Marín, en colaboración co Club AROMON, anuncia a apertura das inscricións para o Curso de Iniciación á Escalada en Rocha (Nivel E1). Esta actividade, que se celebra por primeira vez na localidade, coincide coa preparación desta zona, que se inaugurará proximamente
Este evento enmárcase tamén na celebración do 35º Aniversario do Club AROMON. O curso, de Nivel 1 de Escalada («Iniciación»), segue os parámetros da Escola Galega de Alta Montaña, e ten como obxectivo que o alumno/a adquira as técnicas básicas de seguridade e progresión da escalada en rocha.
A través desta iniciativa, o Concello de Marín busca fomentar o deporte de montaña e a escalada, ofrecendo unha formación de calidade e subvencionando o curso ao 100% para todos os veciños/as de Marín. Datas e lugar:
● Xoves, 11 de decembro: Sesión teórica (de 19h a 22h) no Museo Municipal Manuel Torres.
● Sábado, 13 de decembro e Domingo, 14 de decembro: Sesións prácticas (de 10.00h a 17.00h) na Zona de Escalada de Loira.
Contidos: Coñecementos do material básico, nós, técnicas de descolgue, cadea dinámica de seguridade e aseguramento de primeiro de corda, entre outros.
Profesorado: Técnicos/as do Club AROMON.
Requisitos: Non se require experiencia deportiva previa. A idade mínima é de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar para menores).
Inscrición e Prezos: Veciños/as de Marín: O curso é de balde (requírese presentar DNI con enderezo en Marín ou certificado de empadroamento, etc.). Terán preferencia no listaxe de admitidos/as, e persoas de fóra de Marín terán que pagar 130€ polo curso.
As prazas están limitadas a un máximo de 12 alumnos/as (cun mínimo de 5) e cubriranse por estrita orde de inscrición. O Club AROMON disporá de todo o material deportivo necesario en caso de que o/a deportista non dispoña do seu propio.
A inscrición debe realizarse a través da web oficial de AROMON aromon.gal.
