A Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia) e o Concello de Marín volven aliarse para ofrecer aos emprendedores e autónomos da vila formación para adaptarse aos novos tempos.
Desta vez, ofrécese un obradoiro de informática básica, que arrancou hoxe ás 20.00 horas na Aula CeMit. A formación é gratuita e nela participan persoas traballadoras autónomas ou persoal de pemes marinenses con pouca ou ningunha experiencia en informática, que desexan adquirir coñecementos básicos para a aplicación nos seus negocios.
Entre os contidos do curso, estará Windows, ofimática básica (Word, Excel, PowerPoint, editor de PDF, editor de imaxes…), Internet básico (navegadores, xestores de correo, banca electrónica…), Internet avanzado, Comercio electrónico, internet no móbil e redes sociais.