Acceso actual ao cemiterio de San Adrián.

Poza agradece ao PP que entenda que a revisión dos cemiterio non ten nada que ver co aprobado e ínstao a traballar en conxunto nunha ordenanza específica

O goberno local continua coa actualización do Inventario Municipal despois da sesión plenaria celebrada este mércores onde se deu resposta a algunhas das alegacións presentadas a este documento durante o seu período de exposición pública.

O debate plenario permitiu ademáis que César Poza, alcalde de Vilaboa, explicase ao portavoz do Partido Popular a diferenza entre a actualización prevista e o traballo que queda pendente de revisión dos bens situados nos cemiterios públicos. Segundo explicou o goberno local, o proceso actual céntrase nunha actualización do inventario municipal, non nun traballo de delimitación pormenorizada das propiedades privadas e públicas dentro dos cemiterios. “Coincidimos en que os cemiterios están mal reflectidos no inventario municipal desde que este se aprobou o ano 1993, pero o que estamos facendo agora mesmo non abrangue ese traballo específico”, sinalaron fontes municipais.

O Concello quere deixar claro que en todo momento se respectan todas as propiedades privadas existentes. “Nas fichas do inventario que se van incorporar definitivamente se reflicten so os estritamente público, é dicir os viais, muros, cruceiros e capelas”, explicou o alcalde. De feito, o valor da construción nas fichas aparecera como cero, precisamente para non incluír elementos cuxa titularidade non está claramente determinada”.

O goberno municipal recoñece que é necesario realizar un traballo específico e sosegado para delimitar con exactitude que panteóns e nichos son privados, cales teñen concesión pública e cales son de titularidade municipal. “Este traballo farase máis pronto que tarde, coas garantías necesarias e dándolle solucións e certezas á veciñanza”, aseguraron. “Somos conscientes de que existen carencias no inventario actual” como a falta de rexistro dos panteóns municipais do cemiterio parroquial de Figueirido, cuestións que se abordarán nun proceso específico, que está pendente e que irá ligado á redacción dunha ordenanza específica “non hai erros a hora de reflectir a situación dos panteóns privados nos cemiterios municipais, iso non era o que tocaba agora”.

César Poza convidou ao grupo municipal do Partido Popular a facer unha oposición construtiva e facer as aportacións que considere necesarias para levar a bo fin esta tarefa. Desde o Concello insístese en manter unha postura construtiva e evitar polémicas innecesarias e nese sentido agradeceu ao portavoz popular que abandone a súa actitude “catastrofista e fatalista” que en nada beneficia á veciñanza.

Neste sentido “avogamos por ser o máis abertos e permeables posibles, sobre todo para que non queden dúbidas sobre este proceso e dar pe a malas interpretacións, así as fichas do inventario na súa redacción definitiva recolleran as aportacións necesarias”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *