Alumnos de A Tioura.

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Accesibilidade do Concello de Moaña, continúa a promover accións de avellentamento activo, apostando por achegar as novas tecnoloxías á poboación maior.

Nesta ocasión, organizáronse dous cursos de formación dixital de 10 horas de duración, impartidos nos locais de A Tiora e Abelendo, coa colaboración da Asociación Amigos de Galicia. Participaron 28 persoas maiores de 55 anos, que puideron aprender a utilizar aplicacións de saúde, entretemento e ferramentas para coñecer e compartir o patrimonio local.

Alumnos de Abelendo.

Estas accións forman parte dunha liña estratéxica do Concello para reducir a fenda dixital, mellorar a autonomía persoal das persoas maiores e fomentar a súa participación activa na sociedade.

Desde a concellería destacan que “formar ás persoas maiores no uso das novas tecnoloxías é tamén garantir inclusión, dereitos e igualdade real”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *