O Concello de Moaña, a través da Aula CeMIT, continúa coa súa aposta pola inclusión dixital e presenta varias accións formativas abertas á cidadanía:

Curso de Preparación do COMDIX: dará comezo o mércores 1 de outubro, en horario de 20:30 a 22:00 h. Está pensado para aquelas persoas que desexen preparar as probas libres do certificado oficial de competencias dixitais da Xunta de Galicia.

Curso de Introdución ás Tecnoloxías Intelixentes: IA: comezará o martes 7 de outubro, tamén de 20:30 a 22:00 h. O obxectivo é achegar de forma práctica e amena os conceptos básicos da intelixencia artificial e as súas aplicacións no día a día.

Ademais, pola mañá están en marcha os cursos de Iniciación á Informática (Busca de información en Internet) e Manexo de Móbiles, dirixidos a persoas cun perfil baixo de coñecementos tecnolóxicos. Aínda que xa deron comezo, os usuarios interesados poden matricularse igualmente e incorporarse ás sesións.

Todas estas accións formativas desenvolveranse na Aula CeMIT de Moaña e teñen como finalidade fomentar a aprendizaxe tecnolóxica, mellorar a empregabilidade e reducir a fenda dixital.

As persoas interesadas poden solicitar máis información e formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono 616 804 107 (Alberto) ou a través da plataforma oficial da Rede CeMIT: cemit.xunta.gal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *