A estado actual da pasarela era moi perigoso e aínda que se avisaba da prohibición do seu uso, non sempre era respectada. A obra do colector inclúe a dotación dunha nova senda peonil na outra beira do río
A Brigada Municipal de Obras procedeu estes días a iniciar os traballos de retirada da pasarela de madeira que linda co CEIP Sequelo debido ao seu mal estado. Aínda que desde o Concello tratou de pecharse en varias ocasións, non sempre se respectaba a prohibición de uso, polo que para evitar unha situación de perigosidade procedeuse á súa retirada.
Esta decisión tómase, ademais, porque a pasarela ía ser retirada de todos os xeitos, xa que a obra de renovación do colector do Río Lameira inclúe a creación dunha senda peonil na outra beira do río, que está en plena execución.
Nestes momentos, o Concello é coñecedor das incomodidades que supoñen as obras en todo o entorno do centro escolar e por iso piden desculpas ás persoas afectadas, mais entenden que os traballos redundarán nunha enorme mellora da zona e dos equipamentos que a rodean.