Biblioteca de Marín.

O Concello de Marín acaba de ser beneficiario dunha subvención por parte da Xunta de Galicia para acometer unha reforma da Biblioteca Pública, que permita optimizala a nivel de eficiencia enerxética e de comfortabilidade, ademais de resolver os problemas de humidade derivados dos problemas que presenta a cuberta.

Ademais da renovación desta, o proxecto inclúe a mellora da envolvemente térmica do edificio e a implantación da aerotermia para a climatización do inmoble, que é moi utilizado durante todo o ano tanto para o propio préstamo de libros como para as actividades culturais que alberga e a sala de estudo. A financiación acadada divídese en dúas anualidades e ascende a 113.892,76 euros.

A achega municipal deberá ser de 28.473 euros, é dicir, o 20% da financiación total do proxecto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *