Zona do alumeado de Seixo.

O concelleiro de Medio Rural de Marín, Pablo Novas, anunciou esta mañá que se vén de adxudicar o proxecto de renovación e colocación de novoa puntos de luz do alumeado público no casco urbano de Seixo.

En concreto, actuarase sobre 78 luminarias nas seguintes rúas:

  • Camiño Vello, desde a estrada Grupo Escolar a Don Román Pintos
    Lusquiños
  • Estrada do Grupo Escolar
  • Rúa María González Rubido
  • Estrada da Torre (Seixo de Abaixo)
  • Dende a Ponte Guimeráns ata a unión coas Abesadas
    Este proxecto é preciso para continuar coa senda de renovación das luminarias de
    todo o termo municipal para que pasen a ser de tecnoloxía LED.
    O contrato será executado pola empresa Elektron SL, e suporá unha inversión de
    37.954,02 euros, cofinanciados polo Fondo de Compensación Medio Ambiental, de
    Vicepresidencia da Xunta de Galicia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *