Interior do Museo Torres de Marín.

Constará de tres seminarios, que se repartirán os xoves pola tarde, e que tratarán temas como as vías de financiación, as obligacións tributarias ou as necesidades iniciais cando se pon en marcha unha empresa

O emprendemento é un camiño difícil, cheo de incógnitas e de obstáculos, pero que, ben resoltos, poden supoñer un avance total na procura dunha traxectoria laboral.

Por iso, desde o Concello de Marín, lánzase unha oportunidade única para as persoas que están pensando en emprender ou acaban de facelo: unha formación gratuíta dividida en tres seminarios nos que se tratarán temas vitais para que un negocio ou unha idea melloren a súa competitividade.

Tres sesións os xoves 9, 16 e 23 de abril

Serán os xoves 9, 16 e 23 de abril a partir das 17.00 horas no Museo Torres e estarán impartidos por parte de Óscar Rey, membro do Consello Xeral de Economistas e Asesores Laborais e director do Programa Integrado de Emprego de Marín. De feito, as persoas usuarias deste programa serán tamén beneficiarias desta formación, que logo está aberta a calquera persoa interesada.

A primeira das sesións tratará sobre trámites básicos para a alta de empresas, mellorando a toma de decisións e explorando os recursos dispoñibles. A segunda, centrarase nas distintas vías de financiación ás que poden acceder as persoas emprendedoras e finalmente a terceira sesión porá sobre a mesa cales son as obligacións formais, contables e rexistrais.

Durarán entre unha hora e media e dúas horas e están pensadas dunha forma práctica, dinámica, achegada á actualidade e con perspectivas de que os coñecementos adquiridos poidan implementarse ao día seguinte na traxectoria laboral de cada persoa participante.

Non é preciso inscrición previa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *