Exterior da piscina municipal de Marín.

A Xunta de Goberno Local celebrada este mediodía deu conta da concesión dunha subvención por valor de 65.000 euros da Deputación de Pontevedra para poder instalar a climatización na sala de ximnasio coa que conta a Piscina Municipal de Marín, unha das grandes demandas das persoas usuarias deste servizo. A instalación permitirá ter tanto calefacción como aire acondicionado.

Trátase, pois, dunha nova inversión das que se veñen realizando no centro deportivo que, pola súa antigüidade e intenso uso require de diversas actuacións diferenciadas, como a que se levou a cabo, tamén cunha subvención da Deputación de Pontevedra, para mellorar toda a eficiencia enerxética do edificio e repoñer a cuberta.

Ademais, hai pouco foi renovada a maquinaria desta sala de ximansio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *