O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, no pleno de novembro.

O proxecto conectará os núcleos de Xuncal e O Pazo co cemiterio parroquial de Ardán, mellorando a seguridade viaria, a accesibilidade e a mobilidade sostible nesta zona rural do municipio

O Concello de Marín iniciará o expediente de expropiacións das parcelas que se vexan afectadas polo proxecto de creación dunha senda peonil na estrada do Pazo, na parroquia de Ardán, “unha actuación que ten por obxectivo a mellora da seguridade viaria, a accesibilidade e a calidade de vida da veciñanza desta zona rural do municipio”.

Así o explicou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, no Pleno da Corporación, que deu luz verde a este expediente. Tal e como expuxo o edil, “a actuación proxectada permitirá crear un itinerario peonil seguro e accesible que conectará os núcleos de Xuncal e O Pazo co cemiterio parroquial de Ardán, resolvendo unha das principais demandas veciñais e un problema histórico de mobilidade. Actualmente, o acceso faise por beiravías estreitas e sen pavimento regular, o que supón un risco para o tránsito de peóns”.

O proxecto contempla unha senda de 2,5 metros de ancho e preto de 730 metros de lonxitude, combinando tramos segregados do tráfi co con zonas de convivencia de prioridade peonil nos núcleos habitados. Tamén se actuará na rede de pluviais, coa instalación dun colector subterráneo e sumidoiros, e mellorarase o fi rme da estrada, os carrís de circulación e a sinalización horizontal.
A intervención permitirá ademais reordenar o entorno do cemiterio, coa creación dun paso de peóns sobreelevado e a reubicación de elementos como a marquesina, contribuíndo á mellora estética e patrimonial da zona.

Así, este paso previo permitirá despois estar preparados para a licitación do proxecto no caso de que sexa concedida a fi nanciación solicitada á Deputación de Pontevedra, a través do Plan Extraordinario (Plan Extra).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *