O edil co equipo redactor na reunión no Concello.

O Goberno local organiza unha serie de encontros veciñais e sectoriais entre o 11 e o 13 de marzo no Museo Torres para recoller achegas que definan o futuro urbanístico e a conservación patrimonial destas zonas.

Foron organizados nunha reunión de traballo entre o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos; o equipo redactor do plan e os servizos técnicos municipais.

O Concello de Marín dá un novo paso no desenvolvemento do Plan Especial de Protección para o Casco Vello e o Barrio de Cantodarea (PEPRI) coa convocatoria de diversas mesas de participación pública. Tras unha primeira fase de contacto cos grupos políticos da Corporación Municipal, estas xornadas pretenden escoitar á veciñanza e aos sectores implicados para asentar as bases da mellora e conservación destes barrios de alto valor patrimonial.

As sesións de traballo, que terán lugar no Museo Torres, estrutúranse do seguinte xeito:

Mesa de Traballo coa Veciñanza do Casco Vello e de Cantodarea

● Data e hora: 11 de marzo ás 19:00h.
● Destinatarios: Veciñanza do Casco Vello e do Barrio de Cantodarea, así como persoas propietarias de inmobles nestas zonas.
● Programa: A xornada comezará cunha explicación técnica sobre o marco normativo de ambos barrios, os obxectivos da rehabilitación e as limitacións físicas do centro histórico. Posteriormente, os asistentes dividiránse por zonas para identificar problemáticas específicas e propoñer solucións que se porán en común ao final do encontro.

Mesas Técnicas Sectoriais de dinamización comercial e mobilidade

O xoves 12 de marzo dedicaranse dúas sesións a analizar o impacto económico e a funcionalidade do espazo urbano:

  1. Dinamización Comercial (09:30h): Dirixida a asociacións comerciais, comerciantes, hostaleiros e propietarios de negocios destas zonas. Abordaranse cuestións críticas para o tecido económico como a accesibilidade, a carga e descarga, a regulación de terrazas, o fluxo peonil e a visibilidade comercial.
  2. Mobilidade (12:00h): Dirixida á Policía Local e profesionais do transporte público e privado (autobuses, taxis). O obxectivo é validar criterios de seguridade viaria e accesibilidade universal, analizando a viabilidade operativa para servizos de emerxencias e a reorganización dos estacionamentos.
    Mesa de Axentes da Construción
    ● Data e hora: 13 de marzo ás 09:00h.
    ● Destinatarios: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), empresas promotoras, construtoras, inmobiliarias e a Área de Urbanismo.
    ● Programa: Esta mesa técnica contrastará a viabilidade material e económica das intervencións previstas. Analizarase o estado actual da edificación, os criterios de restauración e as oportunidades do mercado inmobiliario, co fin de identificar riscos normativos e axustar o documento final.
    O Plan Especial de Protección busca protexer a identidade histórica e mariñeira de Marín ao tempo que impulsa a súa revitalización urbana e fomenta a rehabilitación edificatoria.

Desde o Concello sinálase que a participación de todos os axentes é clave para que as futuras normativas urbanísticas sexan sentidas como propias pola cidadanía, garantindo un desenvolvemento que respecte a tradición e a fisionomía local.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *