A alcaldesa asegura que esta festa foi crecendo a moi bo ritmo e que agora está “nun punto fantástico, con moitísima participación de xente de todas as idades e de moitos colectivos”
A Festa Corsaria que fi xo vibrar á vila o pasado sábado ten un balance “plenamente satisfactorio”. Así o expresou o alcaldesa de Marín, María Ramallo, que pasada a fi n de semana marcada por esta festividade, que se vén celebrando desde o 2012, asegura que se está “no mellor punto posible”.
Con moitísimos establecementos de hostalaría implicados, a través da ampliación de terrazas, e un récord total de mesas de particulares autorizadas para comidas e ceas, desde o Concello non se dubida en afi rmar que foi “a edición máis multitudinaria”.
“Xa o venres houbo unha maior participación da que nos esperábamos, pero é que o sábado, Marín estaba cheo, cunha climatoloxía ideal que tamén acompañou. Houbo un ambiente fantástico durante todo o día e sobre todo unha gran participación tanto de colectivos de Marín como de grupos de persoas que se xuntan e fan un enorme traballo de decoración e de indumentaria que mantén viva e fai crecer a alma da festa”, engadiu a rexedora.
Por outro lado, Ramallo quixo agradecer o labor tanto da plantilla da Policía Local, “coa que fi xemos unha ampliación para reforzar a presenza de axentes” e á Policía Nacional. “Tiñamos moi coordinado o traballo grazas ao Plan de Seguridade que elaboramos para a festa e que por sorte funcionou perfectamente, sendo unha xornada e unha noite sen maiores incidentes e tranquila a pesar da enorme afl uencia de xente durante todas as horas”.