O Nadal en Marín.

O Concello de Marín autorizará a ampliación horaria máxima permitida pola normativa autonómica para o ocio nocturno durante todo o Nadal e para toda a hostalaría.

Aplícase a orde autonómica do 23 de outubro de 2020, coa que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos, tendo en conta a licenza individual de cada un.

Así, o Concello autoriza a ampliación horaria máxima para todos os establecementos que se desenvolvan na nosa vila durante as festas do Nadal, no período comprendido entre o 23 de decembro e o 6 de xaneiro, ambos incluidos.

Co fi n de manter un ambiente seguro e cumprir coas regulacións aplicables, os locais e establecementos hostaleiros deberán ter en conta, entre outros aspectos, o aforo permitido, o número de decibelios emitidos e a prohibición de venta de alcol a menores.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *