Os Reis saudando á veciñanza de Marín dende o Concello.

Cubrirase un anexo dispoñible na web, que haberá que enviar por correo electrónico a partir das 09.00 horas

O Concello de Marín anuncia a apertura do prazo de inscrición para participar na tradicional Cabalgata de Reis 2026, que se celebrará o luns 5 de xaneiro ás 18:30 horas.

As persoas interesadas poderán solicitar a súa participación a partir das 09:00h deste xoves 11 de decembro, enviando un correo electrónico á dirección alcaldia@concellodemarin.es

A comitiva real partirá das instalacións do Porto, á altura de Nodosa, e percorrerá as principais rúas da vila: Avenida de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer e Concepción Arenal, finalizando fronte ao Templo Novo cunha visita ao Belén Vivinte, que estará dentro da igrexa.

Requisitos de participación

Os nenos e nenas nados despois do 1 de xaneiro de 2019 deberán ir acompañados dunha persoa adulta, quen deberá cubrir e entregar o Anexo I, xunto cunha copia do DNI, na Alcaldía ou por correo electrónico, antes do 29 de decembro.

A vestimenta de todos os participantes deberá ser acorde coa festividade do Nadal. Terán preferencia os nenos e nenas empadroados en Marín. Ademais, o sábado 3 de xaneiro, de 11:00 a 13:00 horas, celebrarase unha reunión informativa no Museo Manuel Torres, na que se explicarán os aspectos organizativos e se entregarán as vestimentas de época romana ás persoas acompañantes.

Todas as persoas participantes comprométense a manter unha conduta correcta durante todo o percorrido e aceptan a posible difusión de imaxes da actividade en medios de comunicación e nos perfís oficiais do Concello.

O Concello de Marín anima a todas as familias a participar nesta Cabalgata de Reis 2026, un dos eventos máis emotivos e agardados das Festas do Nadal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *