Decoración e iluminación de Nadal en Marín na pasada edición.

En total, investiranse 107.690 euros e a instalación iniciarase ao longo dos meses de outubro e novembro

O Concello de Marín ven de adxudicar o alumeado de Nadal á empresa Tecmodeco, a oferta máis vantaxosa das presentadas, cun orzamento de adxudicación de 107.690 euros.

Esta iluminación, que é parte da alma da cidade durante a época do Nadal, xunto coas carpas, as estacións de decoración ou o tren, será colocada ao longo dos meses de outubro e novembro, para chegar a tempo á data do acendido, “que revelaremos moi pronto”, aseguraron fontes municipais.

A empresa cumpre nos seus elementos decorativos co criterio de sostibilidade que se esixía, contando polo menos cun 80% de bombiñas LED. O deseño da iluminación estará acorde co municipio e cubrirá o maior número de rúas, prazas e zonas dispoñibles.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *