A piscina municipal de Marín.

O Concello de Marín abriu onte un expediente á actual empresa concesionaria da xestión da Piscina Municipal, Soom Management, solicitándolle por escrito información detallada de como se realizou o contrato entre a empresa e o centro educativo do que depende o home denunciado por presunta agresión sexual a seis nenas nesta instalación municipal.

A xestión de persoal, tanto o subrogado da anterior concesión (tamén gañada por Soom Management) como o doutras posibles relacións laborais é unha competencia propia do adxudicatario. Neste caso, a vinculación do sospeitoso é un convenio entre o centro educativo do que depende o sospeitoso e Soom Management para a realización de prácticas no mercado laboral, non tendo o Concello de Marín ningunha vinculación nesta relación laboral.

Así a todo, sendo unha instalación municipal e coa intención de auditar completamente este proceso, desde o Concello solicitamos á empresa concesionaria, Soom Managemnt, que faga constar por escrito cómo foi o procedemento de contratación coa persoa denunciada, se se lle requeriu toda a documentación relacionada coa prevención de abusos sexuais, cales eran as funcións concretas da persoa, tendo en conta o seu réxime de prácticas; quen ou quenes eran os seus titores, encargados de supervisar o seu desempeño dos labores adxudicados e se se cumpliron os protocolos en todo o proceso.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *