Alcaldesa e concelleira no aparcadoiro novo.

Desde este mediodía, xa se poden utilizar as dúas novas parcelas que se atopan no inicio da subida cara o Cemiterio, nas que se investiron cerca de 40.000 euros para o seu acondicionamento. Coa incorporación destes dous, ascenden a 20 os aparcadoiros públicos gratuítos habilitados polo Concello nos últimos anos

O Concello de Marín abriu este mediodía os dous novos aparcadoiros públicos gratuítos na zona de Inferniño, dúas grandes parcelas no acceso á subida do Cemiterio que, sumadas ás que xa leva varios anos en funcionamento, supoñen a habilitación de 200 prazas de estacionamento ao aire libre, gratis e en pleno centro urbano.

“Estamos falando de prazas nos aparcadoiros públicos, pero nin sequera contamos todas as que hai nas propias rúas”, explicou a rexedora, María Ramallo, que considera que estas dúas novas bolsas de estacionamento “axudarán a cubrir a demanda que hai no casco urbano, xa que estamos falando dunha ubicación que está a apenas 5 minutos do Concello camiñando, a 10 da Alameda e a 15 da Praza de Abastos”.
Coa inclusión destas dúas parcelas, son xa 20 as que ten o Concello habilitadas como aparcadoiros públicos gratuítos, que suman entre todos 1.257 prazas, que se concretan en 1.022 prazas no casco urbano.

Repártense do seguinte xeito:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *