Chega o mes de xuño e con a nova Campaña de la Federación de Comerciantes e Industriais de O Morrazo (Fecimo) ‘Fieis ao verán e ao comercio local’.
Co fin de premiar a fidelidade d@s clientes/as que mercan no comercio local da comarca, nesta ocasión a promoción, que se desenvolverá dende o día 10 de xuño ata o 30 de agosto (ou ata que se esgoten os regalos, o que primeiro aconteza), realizarase por medio da TARXETA do Clube de clientes de Comercio do Morrazo.
Coa entrada en funcionamento desta campaña, os consumidores dos establecementos adheridos das localidades de Bueu, Cangas e Moaña poderán facerse con Fantásticos regalos promocionais acumulando puntos polas compras rexistradas na Tarxeta de fidelización do Comercio do Morrazo no período de vixencia da campaña.
Para iso disporemos dun catálogo de regalos onde os clientes do Comercio Local do Morrazo poderán facerse, a través das súas compras, con regalos para a campaña de verán como: sombrillas, mochilas, tazas, palas de praia, abanicos, etc…
Desenvolvemento da campaña
- A persoa consumidora realiza unha compra/consumición nunha das empresas adheridas á campaña entre o día 10 de xuño e o día 30 de agosto de 2025.
- A empresa realiza o rexistro da compra na tarxeta de Fidelización.
- Automáticamente o sistema converte o importe da compra en PUNTOS.
- Para CONSULTAR OS PUNTOS acumulados, así como para facer o canxe por regalos @ cliente/a poderá facelo entrando na súa área persoal. Tamén poderán canxear os puntos contactando co teléfono 986305000.
- Os clientes escollerán o establecemento onde queren recoller os produtos canxeados.
- Farase chegar o/s produto/s ao establecemento para que realice a entrega ao cliente.
A partir do 10 de xuño o catálogo de produtos estará dispoñible en www.comerciodomorrazo.com.
Campaña organizada por FECIMO, a través das asociacións locais de ACIBU, ACICA e ACIMO. Conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo. Colabora Abanca.