Coaching persoal, obradoiros de intelixencia emocional e de mindfulness, arteterapia ou impresión vexetal son algunhas das actividades que se ofrecen no ciclo “Marín, con M de Mulleres” e que benefi ciará a 60 mulleres a partir do 9 de setembro
O Concello de Marín, a través do Centro de Información á Muller, estrea o ciclo “Con M de Mulleres”, unha iniciativa que pretende ofrecer accións de formación e benestar para todas aquelas mulleres de Marín que desexen participar delas, tendo en total de todas as actividades 60 prazas.
Moitas delas están dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero ou con responsabilidades familiares non compartidas, pero desde o CIM queren abrir tamén o ciclo ás mulleres de Marín en xeral.
As actividades son as seguintes:
● OBRADOIRO DE COACHING PERSOAL: LIDER DA MIÑA VIDA.
● OBRADOIRO DE INTELIXENCIA EMOCIONAL PARA MULLERES. QUEN SON?
● TÉCNICAS DE ATENCIÓN PLENA. MINDFULLNES. TALLER DE AUTOCOIDADO.ALIMENTACIÓN SUDABLE EN CADA ETAPA DA VIDA.
● OBRADOIRO DE ARTES EXPRESIVAS. ARTETERAPIA.
● TALLER DE IMPRESIÓN VEXETAL E PRESERVACIÓN BOTÁNICA NO RURAL.
Todas arrancarán a partir do 9 de setembro e será preciso inscribirse no CIM mañá de 09.00 a 14.00 horas, no teléfono do CIM (986891802). Serán na aula de formación ubicada na casa grande da Finca de Briz, a excepción do obradoiro de Impresión Vexetal e Preservación Botánica no rural, que terá lugar na Casa de Cultura de Mogor.
Este ciclo é posible grazas á concesión da subvención do Programa de Promoción da Igualdade e prevención da violenxcia de xénero, cofi nanciado pola Unión Europea, cuxo obxectivo principal destas axudas é previr a violencia de xénero e mellorar a situación dasvítimas de violencia de xénero e das mulleresen situación de especial vulnerabilidade.
O resultado que se pretende acadar é unha mellora da súa situación persoal, social e laboral.