A concelleira Sanmartín e María Engracia Vicente na presentación do Premio en 2024.

O Concello de Marín informa de que ante as queixas recibidas por persoas interesadas en presentarse ao XXIII Premio de Poesía Concello de Marín polo Día das Letras Galegas, finalmente non se aplicará o límite de idade proposto de máximo 35 anos. É dicir, calquera persoa interesada a partir dos 18 poderá presentar a súa proposta ao certame.

Desde o Concello, explícase que o obxectivo era incentivar aos novos valores, xente moza que está arrancando na escrita para aumentar a súa visibilidade, pero buscarase algo alternativo neste sentido e o certame manterase tal cal se realiza desde a súas orixes.

A próxima semana, desvelaranse os membros do xurado. O resto das bases mantense exactamente igual.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *