Interior do museo Manuel Torres de Marín.

O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín, pertencente á Rede de centros de maiores da Xunta de Galicia, realizará dende o vindeiro mércores 28 de xaneiro ata o 15 de abril de 2026 un obradoiro de Achegamento as Novas Tecnoloxías en horario de mañá, dende as 11:00h ata as 12:00h, no Museo Municipal Manuel Torres de Marín.

O obxectivo deste obradoiro é ofrecerlle á comunidade os nosos servizos e contribuír no benestar social das persoas maiores do municipio. Con este obradoiro pretendemos brindar apoio ás persoas maiores no uso das novas tecnoloxías para que poidan desenvolverse na súa vida diaria e sexan coñecedores tanto das utilidades e benefi cios como dos perigos e limitacións do seu uso.

O teléfono de contacto para anotarse é o seguinte: 636 578 034 (é preciso chamar ou mandar unha mensaxe para anotarse).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *