A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro Pablo Novas, achegáronse a ver o resultado xunto coa veciñanza beneficiada
A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, achegáronse ata o Camiño de Bouzón, no que se acaba de rematar unha intensa pavimentación, que mellorará enormemente a calidade de vida e a mobilidade da veciñanza que vive nas cinco vivendas beneficiadas.
Xunto a estes veciños e veciñas estiveron a rexedora e o edil, comentando como gañou o camiño despois de que a empresa encargada dos traballos realizase, por unha banda, unha nivelación do chan, onde había algunha pedra de gran tamaño que dificultaba enormemente a saída dos garaxes e o tránsito de vehículos.
Na pavimentación deste camiño investíronse 8.180 euros con cargo aos fondos propios municipais e forma parte dunha bateria de inversións en pavimentacións que se está levando a cabo en distintos puntos do rural para poder acometer melloras nos camiños que peor se atopan de estado e que son estratéxicos para a comunicación e a mobilidade dos núcleos.