O home, veciño de Marín, acusado de apuñalar na mañá de onte a unha muller que camiñaba pola rúa Jaime Janer e que se atopa en estado moi grave no hospital Montecelo, pasará mañá a disposición xudicial. Aínda que o caso levarao o Xulgado Marín 2 porque é o que estaba activo cando ocorreron os feitos, a súa comparecencia terá lugar na sede do 1 porque é o que se atopa de garda agora.
A vítima, Fátima P. de 47 anos, levaba «moi mala vida, segundo explican a Morrazo Noticias veciños de San Xulián, que poñen en cuestión que non coñecese ao seu agresor. Residía nunha caravana nun lugar próximo onde tivo lugar o apuñalamento. Agora terá que ser a investigación que está a levar a cabo a Policía Nacional a que finalmente confirme que foi un ataque casual ou que, pola contra, ambos tiñan algún tipo de relación previa.