Entrega dun dos desfribriladores en Marín.

Este elemento clave nunha emerxencia sanitaria xa estaba nos pavillóns municipais e no Estadio de San Pedro

O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, entregou nestes días novos desfibriladores na piscina municipal, no SEI San Narciso e no IES Illa de Tambo.

«Contar cun desfi brilador nunha instalación deportiva municipal é fundamental porque pode marcar a diferenza entre a vida e a morte nunha emerxencia cardíaca», explicou o edil, que detalla que os pavillóns da Raña, do Sequelo e da Cañota e o Estadio de San Pedro xa contaban con este elemento e que proximamente levaranse ao IES Mestre Landín e ao CEIP da Laxe.

Un desfi brilador externo automático (DEA) permite que calquera persoa, aínda sen formación sanitaria, poida utilizalo, actuando de forma rápida e restablecendo o ritmo cardíaco mediante unha descarga eléctrica controlada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *