O responsable da Xunta e as autoridades locais, xunto á presidenta de Fecimo, esta mañá na apertura de Bueu non Stock na edición de 2023.

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu (ACIBU), entidade integrada en FECIMO, está a organizar a cuarta edición da feira de oportunidades Non Stock 2024 que terá lugar os días 26, 27 e 28 de xullo no aparcamento de As Lagoas en Bueu, como en anos anteriores.

A organización está a traballar un ano máis nunha nova edición onde hai 25 empresa inscritas, completando así o aforo de participantes, que se instalarán en carpas individuais de 25 metros cadrados no recinto que se habilitará para tal evento. As empresas participantes son das localidades de Bueu, Cangas e Moaña.

Este tipo de feiras dan un impulso ao pequeno comercio permitindo liberar os stocks acumulados en tempadas anteriores, facendo sitio para a nova mercancía, e por outro lado, recuperar parte do invertido.

O horario da feira será de venres a domingo de 10:30 h a 14:00 h. e de 18:00 h a 22:00 h.

Para dinamizar o evento, coas compras realizadas nas empresas participantes, repartiranse entradas para que os máis pequenos poidan desfrutar dos inchables que se instalarán en horario de tarde. Por outra banda, os clientes poderán acadar fantásticos premios, participando nos sorteos que se realizarán os días de celebración.

Os visitantes desta feira poderán escoller entre unha ampla gama de produtos e sectores como moda, calzado, complementos, lencería, floristería, xoiería, descanso, perfumería, xogos, óptica, confección… a prezos de ganga.

Este evento organizado por ACIBU, está cofinanciado pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio, e conta coa colaboración do Concello de Bueu e ABANCA.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *